O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. cosechou a segunda derrota consecutiva ao caer ante a A.D.F.S. Bueu por 2-5 na xornada 22 de liga da Terceira División Nacional.
Nos prolegómenos do encontro os dous equipos fixéronlle o “pasillo” ao equipo feminino do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. en recoñecemento polo seu ascenso á categoría Autonómica.
Nos primeiros vinte minutos do partido o equipo vilalbés non existiu sobre a pista e iso aproveitárono os de Bueu para irse ao descanso cun merecido 0-3.
A segunda parte comezou algo mellor para o Vilalba F.S. pero foi o equipo visitante o que marcaría o cuarto gol que deixou o resultado moi costa arriba para os intereses do equipo vilalbés.
A partir dese intre veu a reacción do Vilalba F.S. e gracias a dous goles de Asier o equipo meteuse de novo no partido. Faltando catro minutos os adestradores Alfonso e Luis apostaron polo porteiro xogador e houbo unha xogada clave que puido cambiar o partido, unha dobre ocasión de gol na que Rubén Mouriz rematou ao pao longueiro e que puido ser o 3-4 a falta de dous minutos, pero o balón non quixo entrar e no rechace desde a súa pista o A.D.F.S. Bueu establecía o definitivo 2-5.
A pesar deste resultado o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. mantense na cuarta posición debido a que os resultados dos perseguidores foron favorables aos intereses do equipo vilalbés.
A.D.F.S. BUEU
Néstor, Sergio, Lucas, Adrián Roma, Adrián González – cinco inicial – Martín, Alejandro, Rodrigo, Antonio, Alex e Alejandro.
VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S.
Iago, Jose López, Asier, Rubén Mouriz, Paulo – cinco inicial – Areñas, Freire, Fran Pastor, Martín, Nuno e Antón.
GOLES:
0-1 Adrián Roma. (Min. 3)
0-2 Martín. (Min. 5)
0-3 Martín. (Min. 17)
0-4 Antonio. (Min. 27)
1-4 Asier. (Min. 28)
2-4 Asier. (Min. 32)
2-5 Antonio. (Min. 38)