O equipo xuvenil do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. goleou ao Academia Red Blue 5 Coruña no encontro correspondente á penúltima xornada da Liga Galega Xuvenil celebrado o domingo no Pavillón Municipal de Vilalba.
O equipo vilalbés realizou un dos mellores encontros da temporada e goleou ao equipo coruñés, segundo clasificado, que aínda que o intentou foi inferior ao equipo vilalbés. A destacar a actuación do porteiro vilalbés, todavía en idade cadete, Martín, que realizou un gran partido.
Con esta victoria, o Vilalba F.S. despídese da competición como local e disputará a vindeira semana o último partido na pista do Coles F.S.
ACADEMIA RED BLUE 5 CORUÑA
Víctor, Diego, Alejandro, Brais, Rodrigo – cinco inicial – A. González, Daniel, D. Aller e Anxo.
VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S.
Martín, Antón, Alex Leiras, Diego, Iker – cinco inicial – Alberto, Xosé, Lage e Hugo.
GOLES:
0-1 (Min. 1)
1-1 Antón. (Min. 2)
2-1 Aex Leiras. (Min. 3)
3-1 Diego. (Min. 21)
4-1 Antón. (Min. 22)
5-1 Xosé. (Min. 28)
6-1 Diego. (Min. 28)
7-1 Diego. (Min. 31)