INXUSTA DERROTA DO FEMININO

FEMININO FS VILALBA

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. nun partido espectacular perdeu por 1-2 ante o Lieders F.S. no encontro correspondente á duodécima xornada da Liga 1ª Galicia Feminina celebrado no Pavillón Municipal de Vilalba, na tarde do domingo, ante máis dun centenar de espectadores.

As xogadoras do Vilalba F.S., sabendo que cunha victoria deixarían un rival descolgado na clasificación, saíron moi metidas no encontro, levando o peso do partido e creando boas ocasións para poñerse por diante no marcador. Pero foi o equipo visitante o que aproveitou un erro arbitral ao sinalar unha falta sobre unha xogadora vilalbesa ao revés para poner nunha contra rápida o 0-1 a menos de trinta segundos para o descanso na única aproximación do Lieders no primeiro tempo.

A segunda parte foi máis igualada, coas xogadoras vilalbesas buscando a igualada e as visitantes, mellor físicamente, en contras rápidas querendo sentenciar. Mediada a segunda parte, Méndez conseguiu establecer o empate pero catro minutos despois nunha contra o Lieders fixo o segundo e definitivo gol que lle deu a victoria.

Os últimos minutos co Vilalba F.S. volcado e con porteira xogadora intentaron acadar de novo o empate, resultado que merecían visto o xogo realizado, pero os seus intentos foron en vano.

Con esta derrota o Vilalba F.S. cede o liderato por un punto á U.D. Pastoricense que goleou ao Rábade F.S. por 5-0, e xa ten ao Lieders terceiro clasficado soamente a dous puntos.

LIEDERS F.S.
María, Sara, Nuria Núñez, Lucía Armesto, Lucía Sandar – cinco inicial – Violeta, Antía Paz, Nuria Gómez, Antía Pérez, Carmen, Beatriz e Marta.

VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S.
Tati, Aisha, Sabela, Akira, Cayu – cinco inicial – Ana, Cristina, Méndez, Carmela e Marta.

GOLES:
0-1  Carmen. (Min. 19)
1-1  Méndez. (Min. 27)
1-2  Antía Pérez. (Min. 31)

 

COMPARTIR