JOAQUÍN MARTÍNEZ “KINI”, NOVO ADESTRADOR DO VILALBA F.S.

Joaquín Martínez “Kini” (Vigo, 1985) é o novo adestrador do Vilalba F.S. para a tempada 2019-2020.

Como xogador estivo en equipos de 2ª División “B” e Terceira Nacional como o Azkar Lugo F.S., Superti A Pontenova e Ribeira F.S. entre outros.

Como adestrador dirixiu aos equipos de base e Ligas Galegas do ADC Lugo Sala e tamén a equipos de Terceira División Nacional como o Ribeira F.S. e o Superti A Pontenova entre outros.

Con esta incorporación o Vilalba F.S. quere comezar unha nova etapa contando cun adestrador coñecedor da categoría.

         Benvido, Kini.