Debido a motivos laborais, Jose López non continuará na vindeira tempada no corpo técnico do Vilalba F.S.
Polo tanto, deixa de ser o adestrador do equipo xuvenil da Liga Galega e tampouco axudará a Miguel López co equipo feminino na Liga Autonómica como fixera na tempada pasada. Así mesmo, non será o coordinador das categorías de base do club.
O técnico elexido para sustituilo será Joaquín Martínez Fernández “Kini”, adestrador do equipo de Terceira División Nacional.
Como adestrador no clube vilalbés deixa o seguinte palmarés:
Campión de Liga Provincial. (Feminino) e ascenso á Liga Autonómica.
Campión de Copa Deputación de Lugo. (Feminino)
Subcampión de Copa Deputación de Lugo. (Feminino)
Subcampión de Copa Xuvenil.
A directiva do Vilalba F.S. quere agradecerlle enormemente o gran traballo realizado nos equipos feminino e xuvenil e tamén como adestrador e coordinador dos equipos de base no que desempeñou unha labor excepcional tanto deportiva como humana. Así pois deséxalle o mellor na súa vida laboral, deportiva e persoal e espera que no futuro poida volver a adestrar no clube.
Moitas grazas, Jose!!!