JOSE LÓPEZ, PRIMEIRA RENOVACIÓN DO VILALBA F.S.

O Vilalba F.S. realizou a primeira renovación de cara a tempada 19/20.

Jose López Rivas “Jose López”, cumprirá a súa cuarta tempada no equipo vilalbés e será un pilar importante para tratar de que o equipo mellore a actuación do curso pasado e volva aos postos punteiros da Terceira División Nacional.

Esta renovación non é soamente como xogador si non que tamén continuará no corpo técnico do Vilalba F.S. adestrando ao equipo feminino, xuvenil e resto de categorías inferiores xunto con Miguel López. Ambos fixeron unha gran tempada acadando o terceiro posto na Liga Galega Xuvenil e o subcampionato copeiro e un máis que meritorio sexto posto na Preferente Autonómica Feminina.

Nos vindeiros días, a directiva do VILALBA F.S. pretende renovar á gran maioría de xogadores da tempada pasada e presentar algunha incorporación.