“JUAN RIVERO”, CONTINÚA NO VILALBA F.S.

Juan Manuel Rivero continuará defendendo a portería do Vilalba F.S. na tempada 2020-2021.

O equipo vilalbés renova a un porteiro de garantías, con gran experiencia e que demostrou a pasada tempada ser un dos mellores da categoría no seu posto.