“JUAN RIVERO”, NOVO PORTEIRO DO VILALBA F.S.

Juan Manuel Rivero Fernández (Sarria, 1992) é a segunda incorporación do Vilalba F.S. para a tempada 2019-2020.

O equipo vilalbés incorpora a un porteiro de garantías con gran experiencia. Ven a ocupar o posto que deixa Carlos Areñas e acompañará na posición de porteiro a Iago Amarelo e o xuvenil Tini.

Iniciouse no fútbol sala nas categorías inferiores do Prone Lugo ata o ano 2009. Logo pasou ao Muebles Caloto, no que xogou en 1ª B e 1ª A ata o ano 2012. Posteriormente estivo no Hotel Roma e Peña Españolista de Sarria en Autonómica Norte e no ano 2016 deu o salto á Segunda División co Prone Lugo. Ao seguinte ano incorporouse ao Ribeira F.S. e a tempada pasada xogou no C.P. Casás na Terceira División.

         Benvido, Juan.