LASTRADO POLAS BAIXAS

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. perdeu co Sport Sala Culleredo por 7-8 na xornada 21 de liga da Terceira División Nacional celebrada no Pavillón Municipal de Vilalba na tarde do sábado.

Partido que comezou ben para o equipo vilalbés cun resultado de 2-0 mediada a primeira parte pero que se torceu e chegouse ao descanso cun resultado desfavorable de 2-5. O Vilalba F.S. intentou a remontada na segunda parte e casi o conseguiu, pero sufriu unha expulsión, e sobre todo, acusou as numerosas baixas.

A vindeira fin de semana hai parón ligueiro e o seguinte encontro dos de Kini será coa Estrada Futsal que ocupa a terceira posición con dous puntos máis que o equipo vilalbés, sexto clasificado.