“LEO”, INCORPÓRASE AO CORPO TÉCNICO DO VILALBA F.S.

Leandro Rodríguez López “Leo” (Sarria, 1974) é a novidade no corpo técnico do Vilalba F.S. para a tempada 2020-2021.

O equipo senior masculino de Terceira División Nacional incorpora ao corpo técnico para axudar ao adestrador “Kini” a un trotamundos do fútbol sala que estivo entre outros equipos no  Piensos Mubers (feminino), Caloto Loyo, C.P. Casás, ACD Lugo Sala e C.D. Lugo Sala, éste último, equipo do que procede.

Benvido, Leo.