LIMPIEZAS GARCÍA E O VILALBA F.S. COA AECC

A empresa vilalbesa Limpiezas García e o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. promoven unha recollida de fondos para a Asociación Española contra o Cáncer (AECC). Esta iniciativa terá lugar o sábado 21 no Pavillón Municipal de Vilalba durante o transcurso dos encontros que disputarán o Vilalba F.S. feminino ás 16 horas fronte ao Cidade de Lugo F.S. e o masculino ás 19 horas fronte ao Ribeira F.S.

A entrada aos partidos é gratuita pero dende as dúas entidades solicitan un donativo de 5€. Todo o recaudado será para a AECC que repartirá ao 50% para a investigación do cáncer de mama e para o cáncer infantil.

Agardámosvos o sábado!!!

COMPARTIR