LOITA POLA CUARTA POSICIÓN

O vindeiro domingo ás 18:45 horas no Pavillón Municipal de Vilalba o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. recibirá ao Sport Sala Culleredo F.S. na xornada 24 de liga da Terceira División Nacional.

Tras a espectacular victoria da última xornada na pista do segundo clasificado, Pazos de Borbén F.S., o Vilalba F.S., (cuarto clasificado con 45 puntos), tratará de sumar outra victoria ante o equipo coruñés, (quinto clasificado con 42 puntos), e distancialo na clasificación para estar ao final de temporada nos catro primeiros postos que dan opción a xogar os cuartos de final da Copa de Terceira División Nacional co factor pista a favor.

O Sport Sala Culleredo, a pesar de ser un equipo recién ascendido, ten xogadores de categoría superior, e destaca pola súa capacidade realizadora, xa que é o segundo equipo máis goleador.

COMPARTIR