O equipo xuvenil do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. caeu derrotado ante o Ancora D’ouro F.S. no encontro correspondente á xornada 22 da Liga Galega Xuvenil celebrado na mañá do domingo no Pavillón Municipal de Vilalba.
O partido comezou ben para o equipo vilalbés que se adiantou no marcador nos primeiros minutos con dous goles. Despois o equipo marinense deulle á volta ao marcador para irse ao descanso cun 3-4 a favor froito dos numerosos erros dos xogadores vilalbeses que volveron a facer un mal partido.
A falta de cinco minutos para rematar o partido o equipo vilalbés igualou a catro pero nos últimos minutos o Ancora D’ouro F.S. aproveitou de novo erros do equipo local para levarse o partido.
ANCORA D’OURO F.S.
Eloy, Said, José Pascual, Rubén, Martín – cinco inicial – David, Brahim e Ahmed.
VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S.
Juan Diego, Antón, Diego, Iker e Brais – cinco inicial – Prieto, Alberto, Xosé, Alex Leiras, Lage, Rubén e Hugo.
GOLES:
1-0 José Pascual (p.p). (Min. 1)
2-0 Iker. (Min. 7)
2-1 Martín. (Min. 7)
2-2 David. (Min. 11)
2-3 Said. (Min. 13)
3-3 Alex Leiras. (Min. 14)
3-4 Martín. (Min. 19)
4-4 Xosé. (Min. 35)
4-5 David. (Min. 36)
4-6 Martín. (Min 38)