MALA FIN DE SEMANA DO XUVENIL

O equipo xuvenil do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., tivo unha fin de semana mala de resultados xa que non deu gañado o encontro aplazado da xornada 16 nin o partido correspondente á xornada 17.

No primeiro partido o equipo vilalbés xogou en Sarria contra Os Meigallos F.S., e foi inferior a un rival directo que se impuxo claramente por 7-4.

O segundo encontro disputado no Municipal de Vilalba, o domingo pola mañá, o Vilalba F.S. nun partido igualado, non foi quen de pasar do empate (2-2) ante o Pastelería Cervela A Estrada Futsal.