“MARIO”, APOSTA DE FUTURO DO VILALBA F.S.

Mario García Fernández “Mario” (Narón, 1999) é unha das últimas incorporacións do Vilalba F.S. para a tempada 2020-2021.

Mario, militou desde idade infantil nas categorías de base do Cidade de Narón pasando polas diferentes competicións autonómicas e nacionais. Foi convocado en diversas ocasións coa selección galega cadete e sub-19. Na tempada 16/17 debutou na Segunda División LNFS co Cidade de Narón, clube no que estivo nas tres últimas tempadas en Segunda División “B”.

O equipo vilalbés polo tanto aposta por un gran xogador que pese a súa xuventude xa atesora moita experiencia.

Benvido, Mario.