MELLOR EQUIPO PROVINCIAL – LIGA GALEGA XUVENIL

O equipo xuvenil do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. foi galardoado na Festa do Deporte Base organizada por “El Progreso” celebrada o venres 7 de xuño no Pazo Provincial dos Deportes de Lugo.

O equipo vilalbés recibiu de mans do vicepresidente da RFGF, Carlos Méndez, o trofeo ao “Mellor equipo da provincia na Liga Galega Xuvenil”.

O Vilalba F.S. que realizou unha excepcional tempada, quedou terceiro clasificado no campionato ligueiro e acadou o subcampionato de Copa.

PARABÉNS!!!