MERITORIO EMPATE ANTE O RIBEIRA F.S. 

MERITORIO EMPATE ANTE O RIBEIRA F.S.

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. empatou 5-5 ante o Ribeira F.S., no partido celebrado na tarde do martes no Pavillón Municipal de Vilalba, ante máis de trescentos espectadores, correspondente á xornada 22 de liga da Terceira División Nacional.

Gran espectáculo de fútbol sala vivido no Municipal de Vilalba, sobre todo no primeiro tempo que rematou con victoria visitante por 4 goles a 5 e que na segunda parte o Vilalba F.S. só puido lograr a igualada nun partido no que sempre foi por detrás no marcador e no que os dous equipos fixeron méritos para acadar a victoria polo que o resultado pode considerarse xusto.