NOVA DERROTA A DOMICILIO

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. perdeu por 2-1 fronte ao Viaxes Amarelle F.S. “B” no encontro correspondente á xornada 4 da Liga Autonómica Feminina celebrado no Pavillón Municipal “Sagrada Familia” de A Coruña na mañá do domingo.

Partido moi igualado entre os dous equipos no que o equipo vilalbés non estivo atinado en ataque e pouco intenso en defensa. Aínda así tivo ocasións para traer algo positivo.

A vindeiro sábado o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. recibirá ao Salceda F.S. coa intención de sumar a segunda victoria do campionato.