NOVA DERROTA A DOMICILIO

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. perdeu por 3 goles a 2 ante o Academia RedBlue 5 Coruña F.S., no partido celebrado na tarde do domingo no Pavillón Municipal Novo Mesoiro da capital herculina, correspondente á cuarta xornada de liga da Terceira División Nacional.

Mal encontro o realizado polos xogadores vilalbeses na pista do 5 Coruña. A primeira parte rematou 1-0 cun gol do equipo coruñés no último minuto. Na segunda parte aumentaron a diferencia e o equipo vilalbés aínda que tivo algunha ocasión para empatar ou gañar o partido non estivo metido no partido como cando actúa de local.

Con esta derrota o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. queda situado na metade da clasificación perdendo unha gran oportunidade de achegarse aos primeiros postos.