NOVA DERROTA DO XUVENIL

VILALBA FS XUVENIS

O equipo xuvenil do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., volveu a perder na casa, esta vez fronte ao E.D.C. Verín, no partido celebrado na tarde do sábado no Pavillón Municipal de Vilalba, correspondente á decimoterceira xornada da Liga Galega Xuvenil.

O equipo vilalbés nun bo primeiro tempo colleu ventaxa no marcador e chegou ao descanso cun resultado favorable de 3-1.

Na segunda parte o equipo vilalbés, cometeu graves erros defensivos, como ven sucedendo ao longo da temporada, o que aproveitou o equipo visitante para darlle a volta ao marcador.

E.D.C. VERÍN
Miguel, Daniel, Ramón, Brais, Alvaro – cinco inicial – Marco, David, Pablo, Sandro e Oscar.

VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S.
Iago, Xosé, Alex Leiras, Rubén, Iker  – cinco inicial – Prieto, Alberto, Hugo, Alberte, Martín e Brais.

GOLES:
1-0 Brais. (Min. 2)
2-0 Alex Leiras. (Min. 4)
2-1 Alvaro. (Min. 7)
3-1 Alex Leiras. (Min. 17)
3-2 Daniel. (Min. 21)
3-3 Alvaro. (Min. 23)
3-4 Oscar. (Min. 28)
4-4 Brais (p.p.). (Min. 34)
4-5 Oscar. (Min 38)

COMPARTIR