O equipo xuvenil do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., caeu novamente derrotado por 1-4 ante Os Meigallos F.S. no partido celebrado na mañá do domingo no Pavillón Municipal de Vilalba, correspondente á décima xornada da Liga Galega Xuvenil.
O equipo vilalbés na primeira parte pecou de novo da pouca pegada de cara a gol e chegou ao descanso cun empate sin goles.
Na segunda parte o equipo vilalbés cometeu varios erros defensivos que aproveitou o equipo sarriano para adiantarse cun 0-3 e aínda que o Vilalba F.S. recurtou diferencias no marcador, sería o equipo visitante o que sentenciaría no último minuto xogando en superioridade pola expulsión do porteiro Prieto.
OS MEIGALLOS F.S.
Miguel, Saúl, René, Iago, Alvaro – cinco inicial – Unai, Nicolás, Adrián, Manuel, Alex e Bahi.
VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S.
Juan Diego, Antón, Lage, Diego e Martín – cinco inicial – Prieto, Xosé, Alberto, Alex Leiras, Alberte, Iker e Brais.
GOLES:
0-1 Iago. (Min. 21)
0-2 Iago. (Min. 23)
0-3 René. (Min. 38)
1-3 Diego. (Min. 38)
1-4 Iago. (Min. 39)