NOVA GOLEADA A DOMICILIO

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. venceu por 2-6 ao Tui Valença Futsal no encontro correspondente á primeira xornada da segunda volta da Liga Autonómica Feminina celebrado no Pavillón Novo de Tui na mañá do domingo.

Na primeira metade do partido o Vilalba F.S. tivo o control do xogo pero sin materializar as ocasións debido ás imprecisións nos últimos metros. O equipo local nas únicas dúas chegadas conseguiu marcar e contrarrestou os goles de Paula Cortiñas e Sabela chegando ao descanso co resultado de 2-2.

Na reanudación o equipo vilalbés estivo mellor de cara a portería e foi moi superior ao seu rival acadando sendos dobletes Paula Cortiñas e Sabela e con outros dous goles de Paula González e o último en propia porta.

Con esta victoria, quinta consecutiva a domicilio, as vilalbesas sitúanse no cuarto posto da clasificación. A vindeira semana recibirán ao sexto clasificado A Estrada Futsal.