O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. venceu con moita claridade por 6-0 a Os Meigallos F.S. no encontro correspondente á décima xornada da Liga 1ª Galicia Feminina celebrado no Pavillón Municipal de Vilalba.
Partido moi similar ao disputado fai quince días ante o Monterroso F.S. no que as xogadoras do Vilalba F.S. realizaron un bo encontro e venceron a un rival ao que non lle deron opcións. Foi un partido cómodo para as vilalbesas, que se recuperaron ben da derrota encaixada a semana pasada.
Con esta victoria, na primeira xornada da segunda volta o Vilalba F.S. remata o ano como segundo clasificado a un punto soamente do líder U.D. Pastoricense F.S.
OS MEIGALLOS F.S.
Naomi, Carmen, Lucía Somoza, Noelia, Natalia – cinco inicial – Ainhoa, Carla e Marta.
VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S.
Tati, Aisha, Sabela, Cayu e Akira – cinco inicial – Ana, Antía, Ainé, Méndez, Marta e Carmela.
GOLES:
1-0 Akira. (Min. 10)
2-0 Sabela. (Min. 18)
3-0 Aisha. (Min. 18)
4-0 Ana. (Min. 25)
5-0 Cayu. (Min. 26)
6-0 Aisha. (Min. 37)