O equipo xuvenil do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., goleou ao Ribeira F.S. no partido celebrado na tarde do mércores no Pavillón Municipal de Vilalba, correspondente á sexta xornada da Liga Galega Xuvenil.
O equipo vilalbés nun gran primeiro tempo colleu ventaxa no marcador e chegou ao descanso cun resultado favorable de 3-0.
O Vilalba F.S. non fixo unha gran segunda metade, pero gozou de numerosas ocasións para establecer un resultado maior.
Con esta nova victoria o equipo vilalbés sitúase segundo clasificado con cinco victorias e unha única derrota, contra o líder O Parrulo F.S.