NOVA GOLEADA

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. goleou 6-1 ao Playas de Barreiros C.D., no partido correspondente á xornada 11 de liga da Terceira División Nacional celebrada no Pavillón Municipal de Vilalba na tarde do sábado.

 

Partido con pouca historia no que o equipo vilalbés impúxose con clara superioridade ao equipo da mariña que acudiu a Vilalba con moitas baixas por sanción e nada puido facer ante un equipo que está nunha racha moi positiva de oito partidos gañados consecutivamente.

 

O domingo no Pavillón de “As Travesas” de Vigo o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. terá unha saída moi complicada ante o segundo clasificado o Ganomagoga Vigo – I.E.S. Coruxo F.S. ao que aventaxa en 5 puntos.