NOVA VICTORIA A DOMICILIO

NOVA VICTORIA A DOMICILIO

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. venceu por 2-4 ao Fisober F.S. no encontro correspondente á xornada 13 da Liga Autonómica Feminina celebrado no Pavillón Municipal “O Conco” de Dumbría na tarde do sábado.

De novo, outro gran partido a domicilio, o realizado polas xogadoras do Vilalba F.S. que controlaron o xogo na primeira metade, adiantándose no marcador con dous goles por mediación de Akira para chegar con vantaxe ao descanso. Na segunda parte, Carol marcou outros dous goles que sentenciaron o encontro.

A vindeira xornada o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. recibirá ao Ortegal Oil / A Fervenza “B” o vindeiro sábado 22 de decembro ás 20:00 horas no Pavillón Municipal de Vilalba.

Unha victoria casi aseguraría a presenza do equipo naCopa da Liga Autonómica na que participan os oito primeiros clasificados aoremate da primeira volta. Agora mesmo o equipo vilalbés está sexto clasificadoe faltan dúas xornadas por disputar.