O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., malia as numerosas baixas, acadou unha nova victoria a domicilio ao derrotar ao Campito F.S. por 2-5 na undécima xornada de liga da Terceira División Nacional.
O partido púxose de cara para o equipo vilalbés que mediada a primeira parte xa mandaba por cero goles a tres, con goles de Paulo, Asier e o xuvenil Antón. O equipo local despertou e nos últimos tivo dúas claras ocasións, (dous dobres penalties) que desbaratou Areñas, e logrou marcar o 1-3, resultado co que se chegou ao descanso.
Na segunda parte o Campito acercouse a un gol, pero de inmediato Fran Pastor facía o cuarto gol que daba tranquilidade ao equipo vilalbés e xa casi sobre a bociña, Nuninho estreábase nesta liga facendo o quinto.
Destacar o esforzo de todos os xogadores vilalbeses, que ao rematar o encontro, adicáronlle esta victoria a todos os seus compañeiros lesionados.
Con este resultado o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. sitúase sexto na táboa clasificatoria con 21 puntos, empatado co Culleredo F.S., a tres da segunda posición e a sete do líder, Sala Ourense, que a próxima xornada visitará Vilalba.
CAMPITO F.S.
Yago, Jonathan, Xaime, Alejandro, Alfredo – cinco inicial – Miguel, Daniel Cambeiro, Cristian, Daniel Estévez, Lucas e Pablo.
VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S.
Areñas, Asier, Martín, Fran Pastor, Paulo – cinco inicial – Juan Diego, Freire, Antón e Nuninho.
GOLES:
0-1 Paulo. (Min. 3)
0-2 Asier. (Min. 5)
0-3 Antón. (Min. 10)
1-3 Alejandro. (Min. 16)
2-3 Xaime. (Min. 30)
2-4 Fran Pastor. (Min. 32)
2-5 Nuninho. (Min. 39)