NOVA VICTORIA DO FEMININO

NOVA VICTORIA DO FEMININO

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. gañou por 3-2 ao Pastelería Cervela A Estrada Futsal no encontro correspondente á xornada 17 da Liga Autonómica Feminina celebrado no Pavillón Municipal de Vilalba na tarde do sábado.

A primeira parte foi de claro cor verde no que as rapazas do Vilalba F.S. dispuxeron de moitas ocasións para sentenciar o encontro e soamente lograron marcar un gol por mediación de Antía antes do descanso.

Na reanudación Carol ampliou a vantaxe, pero nun minuto o equipo visitante empatou o partido. O partido igualouse e ambos equipos dispuxeron de ocasións para adiantarse no marcador e foi de novo Carol a que estableceu o 3-2 definitivo. Nos últimos minutos o equipo de A Estrada intentouno coa porteira xogadora pero a boa defensa das vilalbesas impediu o empate.

Con esta victoria o Vilalba F.S. gañoulle o golaveraxe ao seu rival, no partido de ida empataran a cinco goles, e aséntase na cuarta posición. Na seguinte xornada visitarán a pista do Couto Ourense F.S. o domingo ás 12:00 horas.