NOVA VICTORIA DO FEMININO

Bo partido o realizado polas xogadoras do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. que tiveron un rival mermado polas baixas pero moi loitador ata o final. Con esta traballada victoria o Vilalba F.S. sitúase no quinto posto da clasificación.

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. venceu por 5-3 ao E.D.M. Salceda no encontro correspondente á xornada 24 da Liga Autonómica Feminina celebrado no Pavillón Municipal de Vilalba na tarde do sábado.