NOVA VICTORIA DO FEMININO

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. venceu con moita claridade por 7-2 ao Rábade F.S. no encontro correspondente á cuarta xornada da Liga 1ª Galicia Feminina celebrado no Pavillón Municipal de Vilalba.

Como xa pasara no primeiro partido como locais, as xogadoras do Vilalba F.S. realizaron un bo encontro e venceron a un rival que non tivo opcións. Foi un partido cómodo para as vilalbesas, no que reapareceu Antía despois da lesión, e no que todas as xogadoras estiveron a un bo nivel.

Con esta victoria o Vilalba F.S. segue colíder da clasificación empatado a doce puntos co Pastoriza F.S.

VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S.
Tati, Patri, Sabela, Cayu, Méndez – cinco inicial – Ana, Antía, Ainé, Carmela e Marta.

RÁBADE F.S.
Antía, Lucía, Mª Carmen, Laura, Patricia – cinco inicial – Nerea, Mª José, Jesica e Divina.

GOLES:
1-0 Patri. (Min. 3)
2-0 Antía. (Min. 7)
3-0 Méndez. (Min. 14)
4-0 Ana. (Min. 16)
4-1 Laura. (Min. 18)
5-1 Cayu. (Min. 22)
6-1 Cayu. (Min. 24)
7-1 Ana. (Min. 31)
7-2 Divina. (Min. 39)