NOVA VICTORIA A DOMICILIO

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. impúxose por 6 goles a 3 ao Academia RedBlue 5 Coruña F.S., no partido celebrado na tarde do domingo no Pavillón Municipal San Francisco Javier da capital herculina, correspondente á xornada 19 de liga da Terceira División Nacional.

Malia empezar encaixando un gol nos primeiros minutos da primeira parte o Vilalba F.S. realizou un moi bo partido e gañou con claridade nunha pista complicada. Mediado o primeiro acto, Asier con dous golazos deulle a volta ao marcador e Fran Pastor no último segundo ampliou a vantaxe.

A segunda parte comezou cun gol do equipo local que se viu contrarrestado ao seguinte minuto con outro de Freire. Posteriormente Antón fixo o quinto e Asier, marcou o terceiro na súa conta particular, e sentenciou o encontro. O equipo coruñés soamente puido maquillar o resultado con outro tanto e de non ser pola boa actuación dos seus porteiros o resultado final puido ser de escándalo.

A destacar o gran traballo realizado por todo o plantel do Vilalba F.S. que con este resultado afiánzanse na cuarta posición.

ACADEMIA REDBLUE 5 CORUÑA F.S.
Alfonso, David, Iván, Andrés, Daniel – cinco inicial – Oscar, Víctor, Diego, Rodrigo, Adrián e Pablo.

VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S.
Iago, Jose López, Asier, Martín, Fran Pastor – cinco inicial – Areñas, Tucho, Freire, Antón, Paulo e Nuno.

GOLES:
1-0Andrés. (Min. 3)
1-1  Asier. (Min. 14)
1-2  Asier. (Min. 17)
1-3  Fran Pastor. (Min. 20)
2-3  Rodrigo. (Min. 20)
2-4  Freire. (Min. 21)
2-5  Antón. (Min. 26)
2-6  Asier. (Min. 27)
3-6  Rodrigo. (Min. 31)

COMPARTIR