NOVA VICTORIA A DOMICILIO

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. nun partido espectacular venceu por 3-5 ao Lieders F.S. no encontro correspondente á terceira xornada da Liga 1ª Galicia Feminina celebrado no Pavillón “O Palomar” da capital lucense, na noite do venres.

As xogadoras do Vilalba F.S. saíron máis concentradas que nos anteriores partidos, cunha boa defensa e intentando saír á contra. Así foi como chegou nunha boa contra o 0-1 por mediación de Akira. O equipo vilalbés seguiu defendendo ben e Tatiana realizando paradas de mérito. Mediada a primeira parte o Lieders logrou a igualada. A pesar de encaixar o empate as rapazas do Vilalba F.S. non baixaron os brazos e antes de chegar ao descanso Patri puxo o 1-2 no marcador.

A segunda parte comezou moi parecida á primeira, Sabela marcou aos dous minutos e dous minutos despois Akira fixo o cuarto gol culminando unha gran xogada colectiva. Co 1-4 o Lieders F.S. sacou a porteira xogadora, e Patricia poñía o 1-5 que prácticamente deixaba sentenciado o partido. Nos últimos minutos o equipo local acortou distancias no marcador con dous goles e fixo sufrir ao Vilalba F.S., que cun enorme traballo defensivo durante todo o encontro conseguiu a victoria ante un moi bo equipo.

Despois de tres xornadas disputadas o Vilalba F.S. segue no alto da táboa empatado nove puntos co Pastoriza F.S.

LIEDERS F.S.
María, Sara, Nuria Núñez, Carmen, Sabela – cinco inicial – Violeta, Lucía, Antía Paz, Nuria Gómez, Antía Pérez, Beatriz e Marta

VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S.
Tatiana, Aisha, Sabela, Akira, María – cinco inicial – Ana, Patri, Cristina, Ainé, Patricia e Carmela.

GOLES:
0-1  Akira. (Min. 4)
1-1  Beatriz. (Min. 14)
1-2  Patri. (Min. 17)
1-3  Sabela. (Min. 20)
1-4 Akira. (Min. 22)
1-5 Patricia. (Min. 32)
2-5 Carmen. (Min. 33)
3-5 Lucía. (Min. 36)

COMPARTIR