O EQUIPO DE TERCEIRA DIVISIÓN DO VILALBA F.S. NON XOGARÁ POLO ASCENSO

Unha vez rematadas as competicións sen disputarse todas as xornadas por mor da pandemia da COVID-19, o equipo de Terceira División Nacional non poderá pelexar polo ascenso de categoría ao quedar quinto clasificado a un punto do cuarto.

Foi unha mágoa xa que despois de estar prácticamente todo o campionato nos catro primeiros postos e moitas xornadas liderando a competición o parón colleuno fóra deses postos de ascenso. Ademáis o calendario que lle quedaba era a priori favorable. Os catro equipos que se disputarán o ascenso son: Stellae F.S., C.D. Lugo Sala, A Estrada Futsal e O Parrulo “B”.

Quinto clasificado tamén quedou o equipo feminino o segundo ano na categoría Autonómica. Gran actuación, un ano máis, das rapazas do Vilalba F.S. que ían de menos a máis.

E tamén a mesma posición foi a que acadou o equipo xuvenil na Liga Galega, na que estaba loitando por chegar ás dúas primeiras prazas que daban o ascenso directo á División de Honra Xuvenil.