O FEMENINO RECIBE Á U.D. PASTORICENSE

O vindeiro sábado ás 16:00 horas no Pavillón Municipal de Vilalba terá lugar o encontro entre os equipos femeninos do VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S. e o U.D. PASTORICENSE correspondente á segunda xornada da Copa de Primeira Galicia Femenina.

O partido agárdase entretido e moi igualado no que se enfrentan as campioas contra as subcampioas de liga. Os dous equipos encabezan o grupo norte con tres puntos, xa que na primeira xornada gañaron os seus partidos, as vilalbesas golearon 6-1 ao Concello de Begonte F.S. e as pastoricenses venceron por un axustado 1-2 a domicilio ao Burela F.S. Pescados Rubén.