O FEMENINO VISITA Á U.D. PASTORICENSE

O vindeiro sábado ás 19:00 horas no Pavillón Municipal de A Pastoriza terá lugar o encontro entre os equipos da U.D. Pastoricense e o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. correspondente á penúltima xornada da Copa de Primeira Galicia Femenina.

O partido, como todos os disputados entre estos dous equipos, agárdase entretido e moi igualado. O equipo vilalbés tentará de sumar unha victoria para asegurar o pase a semifinais e achegarse ao seu rival que comanda a clasificación do grupo con cinco puntos de vantaxe sobre as vilalbesas.