O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. gañou ao Fisober F.S. 3-1 no partido disputado na mañá do domingo no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba correspondente á xornada 10 de liga da Autonómica feminina.
As rapazas do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. repuxéronse da dolorosa derrota encaixada a pasada xornada e nun traballado encontro acadaron de novo unha victoria co ánimo de seguir sumando.
O vindeiro sábado ás 19:30 horas o equipo vilalbés visitará ao Concello de Begonte F.S.
Ficha Técnica:
VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S.
Carmela, Paulita, Antía, Aisha (2), Lara – cinco inicial – Iria, Carla, Xiana (1), Noemí, Carlota e Marta.
FISOBER F.S.
Lía, Ana, Alba, María (1), Nuria – cinco inicial – Sharay, Adriana, Saray e Lucía