O FEMININO ADICOULLE A VICTORIA A AKIRA

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. venceu por 6-2 ao Ortegal Oil – A Fervenza “B” no encontro correspondente á xornada 11 da Liga Autonómica Feminina celebrado no Pavillón Municipal de Vilalba na mañá do domingo.

Victoria moi importante do equipo vilalbés que sin desplegar o seu mellor xogo impúxose con comodidade ao equipo ferrolán. Esta victoria serve para alonxarse dos postos perigosos da clasificación.

As xogadoras do equipo vilalbés saíron cunha camiseta de apoio a súa compañeira Akira e adicáronlle os goles e a victoria. Akira estará afastada das pistas durante un tempo debido á grave lesión que sufriu fai dúas semanas no partido contra o Bembrive F.S.