O FEMININO CAEU NA COPA

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. perdeu por 7-4 ante A Estrada Futsal no encontro correspondente aos cuartos de final da Copa Autonómica Feminina celebrado no Pavillón M. Coto Ferreiro na tarde do sábado.

Partido no que as rapazas do Vilalba F.S. estiveron por diante no marcador ata os últimos minutos nos que o equipo local remontou sobre todo pola falta de acerto de cara a portería das vilalbesas.

A próxima fin de semana reanúdase a competición de liga na que o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. recibirá ao Viaxes Amarelle F.S. “B”.