O FEMININO GALARDOADO NA GALA DO FÚTBOL GALEGO

O equipo feminino do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. recibiu na “Gala do Fútbol Galego” celebrada o venres 29 de xuño de 2018 no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela a Copa e o Diploma de Campión de Liga de Primeira Galicia Feminina de Fútbol Sala.

A esta Gala do Fútbol Galego asistiron a casi totalidade das xogadoras, corpo técnico e directivas que disfrutaron dun acto no que tiveron o recoñecemento á súa labor nesta tempada numerosos clubes, deportistas, árbitros, directivos, etc… Non faltou o humor galego por parte de José Antonio Touriñán e Víctor Fábregas. Tamén o árbitro galardoado Mar Thiaw protagonizou uns momentos divertidos cos rapaces máis novos bailando o “waka-waka”.

O equipo feminino do Vilalba F.S., na súa primeira temporada, acadou o título da Liga Primeira Provincial despois de disputar 16 partidos, nos que acadou 14 victorias e dúas derrotas, logrando marcar 71 goles e soamente encaixar 25 para facer un total de 42 puntos, dous máis que o segundo clasificado a U.D. Pastoricense.

As xogadoras e corpo técnico que pasarán á historia do fútbol sala vilalbés polo éxito acadado son:

Tati, Ana, Patri Pisón, Xina, Antía, Aisha, Sabela (C), Akira, Ainé, Kayu, Méndez, Carmela, Marta e Lidia (Delegada). Corpo técnico: José López, Miguel e Nuno.

PARABÉNS CAMPIOAS!!!