O FEMININO MERECEU MÁIS
O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. perdeu por 0-3 ante o Terra de Celanova F.S.F. no encontro correspondente á xornada 22 da Liga Autonómica Feminina celebrado no Pavillón Municipal de Vilalba na tarde do sábado.
Derrota inxusta do Vilalba F.S. que errou clamorosas ocasións para golear a un equipo ourensán que aproveitou tres erros defensivo para marcar os goles que lle deron unha victoria que non mereceu por xogo e ocasións.
Con esta derrota o equipo vilalbés baixa á sexta posición da táboa clasificatoria.
