O FEMININO NA FASE FINAL DA II COPA DEPUTACIÓN

O equipo feminino do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. xogará a fase final da II Copa Deputación de Lugo, despois de derrotar con claridade ao Restaurante O Korreo Guitiriz F.S. por 7-0 no partido de cuartos de final celebrado na tarde do venres no Pavillón Municipal de Vilalba.

O equipo vilalbés desfíxose con comodidade dun rival que puxo gañas pero que notou a diferencia de categoría entre os dous equipos.

Polo tanto, o equipo feminino do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. disputará de novo a fase final da II Copa Deputación de Lugo defendendo o título acadado na primeira edición.