O FEMININO NA FINAL DA I COPA DEPUTACIÓN DE LUGO

O equipo feminino do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., clasificouse para xogar a final da primeira edición da Copa Deputación de Lugo.

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. que era cabeza de serie na Sede 1 en Baamonde, eliminou en cuartos de final á U.D. Pastoricense, 6-5 nun partido que mereceu gañar por moita máis diferencia. Xa nas semifinais derrotou con máis contundencia por 7-3 ao filial do Pescados Rubén Burela F.S.

O rival na final, que se celebrará no Pazo dos Deportes de Lugo o domingo 9 ás 17:00 horas, será o Castro F.S.F.