O FEMININO NO I TORNEO DE REIS CONCELLO DE BEGONTE

O equipo feminino do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., disputará o sábado 04/01/2020 o I Torneo de Reis Concello de Begonte.

 

O equipo vilalbés quedou emparellado no grupo “A” cos equipos Troula F.S. (09:30 horas) e Melide FSF (11:10). O grupo “B” está formado polos equipos Villestro S.D., Praias de Barreiros F.S. e o anfitrión Concello de Begonte F.S.

 

Os dous mellores equipos de cada grupo xogarán as semifinais ás 17:00 e 18:00 horas e a final será ás 19:45 horas. Todos os partidos terán lugar no Pavillón Municipal de Baamonde.