O FEMININO NO TORNEO SOLIDARIO DE A FERVENZA FSF

O equipo feminino do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., acudiu o sábado ao I Torneo solidario que organizou A Fervenza FSF e que se celebrou no Pavillón de As Lagoas (Narón).

Ademáis do equipo vilalbés, no torneo triangular, participaron A Fervenza FSF “B” e o Fisober FSF, todos de Autonómica Preferente. Nos dous encontros que disputou o Vilalba F.S. o resultado foi unha derrota pola mínima, 1-0 ante o Fisober FSF e 2-1 ante o equipo anfitrión. No partido final o Fisober FSF impúxose por 4-1.

O verdadeiramente importante deste I Torneo solidario foi a consecución de máis de catro caixas de alimentos que foron doadas ao Centro de Recursos Solidarios do Concello de Narón.