O FEMININO NOS CUARTOS DE FINAL DA II COPA DEPUTACIÓN

O equipo feminino do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. xogará, o venres 6 de setembro ás 20:30 horas no Pavillón Municipal de Vilalba, o partido de cuartos de final da II Copa Deputación de Lugo fronte ao equipo do Restaurante O Korreo Guitiriz F.S.

O equipo vilalbés quedou exento na fase previa na que o seu rival eliminou ao Taboada F.S.F. e ao Meigallos F.S.F. nun triangular.

O gañador do encontro, disputará a fase final da II Copa Deputación de Lugo no que o Vilalba F.S. defende o título acadado na primeira edición.