O FEMININO PAGA A FALTA DE PUNTERÍA

O FEMININO PAGA A FALTA DE PUNTERÍA

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. perdeu por 5-3 ante o Couto Ourense no encontro correspondente á xornada 18 da Liga Autonómica Feminina celebrado no Pavillón dos Remedios de Ourense na mañá do domingo.

O equipo vilalbés pagou caro a falta de puntería e viu como nun partido dominado e con moitísimas ocasións a favor caía derrotado ante un rival que se xogaba saír dos postos de descenso.

Malia esta derrota o Vilalba F.S. continúa cuarto clasificado e na vindeira semana decansará ao haber parón ligueiro.