O FEMININO PERDE PERO CLASIFÍCASE PARA A COPA

O FEMININO PERDE PERO CLASIFÍCASE PARA A COPA

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. perdeu por 4-8 co A Fervenza “B” no encontro correspondente á xornada 14 da Liga Autonómica Feminina celebrado no Pavillón Municipal de Vilalba na tarde do sábado.

Empezou moi ben o equipo vilalbés que no descanso gañaba por 3-0. Na segunda metade houbo un cambio radical no xogo e o equipo visitante deulle a volta ao marcador gracias ao seu mellor xogo e efectividade.

Malia a derrota o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. asegurouse matemáticamente xogar a Copa que disputarán os oito primeiros clasificados ao remate da primeira volta.