O FEMININO PERDEU EN PONTEVEDRA

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. perdeu por 4-2 ante o Leis Pontevedra San Narciso no encontro (adiado no seu día polo mal estado da pista) correspondente á xornada 18 da Liga Autonómica Feminina celebrado no Pavillón Montecarrasco de Marcón en Pontevedra na tarde do sábado.

Partido igualado no que o equipo vilalbés competiu ata o final pero non puido traer nada positivo dunha pista complicada.