O FEMININO REMATA A LIGA CON GOLEADA

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. goleou ao Pescados Rubén Burela F.S. “B” por 5-1 no partido disputado na tarde do domingo no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba correspondente á derradeira xornada da Autonómica feminina.

As rapazas do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. realizaron un dos mellores partidos da tempada e acabaron goleando ao equipo da mariña.

Nunha máis que difícil tempada o gran traballo realizado polas xogadoras do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. viuse reflexado na táboa clasificatoria cun meritorio terceiro posto.

Ficha Técnica: 

VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S.
Iria, Paulita, Carla (1), Antía (2), Lara – cinco inicial – Carmela, Xiana, Aisha (2), Akira, Noemí e Marta.

PESCADOS RUBEN BURELA F.S. “B”
Iria G.,, Adilsa de Jesús, María B., Cristina (1), Carla – cinco inicial – Ester, Iria E., María F. e Sofía.