O FEMININO ROZOU A SORPRESA

O FEMININO ROZOU A SORPRESA

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. perdeu por 6-5 ante o Leis Pontevedra San Narciso no encontro correspondente á xornada 20 da Liga Autonómica Feminina celebrado no Pavillón Montecarrasco de Marcón en Pontevedra na tarde do sábado.

Gran partido o realizado polas rapazas vilalbesas que puxeron contra as cordas ao segundo clasificado da categoría e que sufriron dous penas máximas en contra moi dubidosas que decantaron o partido a prol do equipo pontevedrés.

A próxima xornada o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. xogará o derbi da Terra Chá recibindo ao Castro F.S.